Este ano terá lugar no noso museo o concerto inaugural do Encordass Fiddle Fest, un festival internacional de música de corda que terá lugar na Illa de San Simón do xoves 26 ao domingo 29 de xuño.
“ Músicas das illas, a música do mar” é unha proposta que convida a disfrutar as sonoridades provintes de tres illas emblemáticas, cadansua cunha intensa carga emocional e musical.
O músico Christos Kanellos representará a milenaria tradición grega da Illa de Creta; o dúo Darach traerá os aires celtas dende a Illa de Skye de Escocia; e a anfitriona Galicia Fiddle Orquestra pechará o concerto coa riqueza da música galega de raíz, que dende hai xa 14 anos é a banda sonora da Illa de San Simón ao comezo de cada verán.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar