SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA DO MUSEO DO MAR DE GALICIA. EXPTE. SER/11/19. ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA


Adxudicación definitiva SER19.11

Con data 08/03/2011 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA DO MUSEO DO MAR doMuseo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa SEQUOR SEGURIDAD, S.A.U, por importe de 191.922,60, IVE excluído.

Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación RESOLVE:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa SEQUOR SEGURIDAD, S.A.U, con CIF A58384777 por importe de 191.922,60 euros, que, co IVE correspondente, ascende a un total de 226.468,67 (IVE incluído).
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato DOUS ANOS, con posibilidade de prórroga por outros dous.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Cláusulas Administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instrucións de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 8 de marzo de 2011

O Director
Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.