RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. EXP SUM18/000


RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. Subministro de enerxía eléctrica nas instalacións do Museo do Mar de Galicia. EXPEDIENTE SUM/18/0009

Con data 25/05/2018 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para Subministro de enerxía eléctrica nas instalacións do Museo do Mar de Galicia. do Museo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa AURA ENERGÍA, SL., por importe de 48.215,39, IVE excluído.

Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das lnstrucións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das lnstrucións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

1° Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa AURA ENERÍA, SL., con CIF 865552432 por importe de 48.215 ,39 euros, que, co IVE correspondente, ascende a un total de 58.340,62 (IVE incluído).

2° Establecer como prazo do contrato o de 1 anos .

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Cláusulas Administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Así mesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das lnstrucións de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo a, 01 de Xuño de 2018

O Director do Museo do Mar de Galicia
Vicente Caramés Moreira




Museo do Mar de Galicia.