• gl



Actividades especias polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Este mes de maio temos dous días moi especiais no noso museo, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos, os cales impos a celebrar coas seguintes actividades:

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2026

SÁBADO 16 de maio 2026.

  • XORNADA DE PORTAS ABERTAS. Entrada gratis para todas as persoas que se acheguen ao noso museo dentro do horario de apertura, que é de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00.
  • XOGO DE PISTAS PARA FAMILIAS con premio final. As familias que se animen a realizar o xogo de pistas e descubrir algunhas das pezas máis importantes do noso museo, terán como premio un libro en galego, ata esgotar existencias (deben traer o seu propio bolígrafo ou lapis para cubrir o xogo)

Do 8 ao 29 de MAIO 2026. Exposición temporal “Compañeiras do mar e do ceo. Galicia, lugar clave para as aves mariñas”.

Exposición decida polo CEIDA onde se fala sobre as aves mariñas e se busca divulgar e poñer en valor a importancia da súa conservación, así como a súa relación coas actividades pesqueiras. A mostra poderá visitarse totalmente gratis dentro do horario de apertura do museo e irá acompañada dunha charla científica e divulgativa, a cargo de persoal do CEIDA, relacionada co mundo das aves mariñas, da que proximamente indicaremos a data

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026

DOMINGO 17 de maio 2026.

  • XORNADA DE PORTAS ABERTAS. Entrada gratis para todas as persoas que se acheguen ao noso museo dentro do horario de apertura, que é de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00.
  • PUBLICACIÓNS DO MUSEO EN GALEGO con 50% de DESCONTO.
  • ENTREGA GRATIS dun LIBRO EN GALEGO a CADA FAMILIA con NENOS/AS QUE NOS VISITE (ata esgotar existencias)

SÁBADO 23 de maio 2026 ás 18.00

“Repunantas. As punkis da literatura galega”. De Inma López Silva e Francisco Castro.

ENTRADA GRATIS ata completar aforo.

Proposta musical e literaria para o público adulto, onde se fai un percorrido musical polas voces femininas da nosa tradición literaria, dende as cantigas medievais ata Begoña Caamaño, a quen este 2026 lle dedica a Real Academia Galega o Día das Letras de noso.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar