RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL SER/15/07


RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE MANTEMENTO DOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL. SER/15/07

O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, de acordo co establecido nas Instrucións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas de data 11 de marzo, RESOLVE
1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa EULEN S.A. por importe de CINCUENTA E CATRO MIL OITOCENTOS CORENTA E TRES EUROS (54.843,00 € ) sen IVE, resultando unha cantidade co IVE de SESENTA E SEIS MIL TRESCENTOS SESENTA EUROS CON TRES CÉNTIMOS (66.360,03 €).

2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato UN ANO, a contar dende o 1 de abril de 2015, con posibilidade de prorroga por outro ano mais.

3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 12 de marzo de 2015

A Directora

Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.