O Museo do Mar de Galicia, acollerá a presentación deste libro do investigador catalán Álex Aguilar e do fotógrafo Max Aguilar, onde recollen o legado de mil anos da historia da industria baleeira no Norte de España.
Edita este volume a Universitat de Barcelona e na mesma participa o Museo do Mar de Galicia, xunto ao Museu Maritim de Barcelona, Museu de Pesca de Palamós, Aquarim de San Sebastián e o Concello de Cee.
“La huella ballenera en el norte de la península Ibérica” propón un percorrido histórico e xeográfico polos principais portos baleeiros e saca á luz este patrimonio excepcional. Profusamente ilustrada e froito de anos de investigación e traballo de campo, a obra divídese en dúas partes: a primeira reconstrúe a historia da captura de cetáceos desde a Idade Media ata o século XX, e a segunda recolle máis de cincuenta localidades de Galicia, Asturias, Cantabria e do País Vasco pormenorizando o seu legado baleeiro, convertendo o libro nunha auténtica guía de viaxe temática.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar