RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. EXPEDIENTE: SER/13/25


ASUNTO: Servizo de asistencia técnica para a dinamización do acuario do Museo do Mar de Galicia.

Con data 17 de decembro de 2013 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A DINAMIZACIÓN DO ACUARIO DO MUSEO DO MAR DE GALICIA, por procedemento aberto, a favor da empresa SERVICIOS Y MATERIALES S.A. por importe de SETENTA MIL OITOCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS CON ONCE CÉNTIMOS (70.896,11 € ) sen IVE, resultando unha cantidade co IVE de OITENTA E CINCO MIL SETECENTOS OITENTA E CATRO EUROS CON VINTENOVE CÉNTIMOS (85.784,29 €).
Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa SERVICIOS Y MATERIALES S.A. por importe de SETENTA MIL OITOCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS CON ONCE CÉNTIMOS (70.896,11 € ) sen IVE, resultando unha cantidade co IVE de OITENTA E CINCO MIL SETECENTOS OITENTA E CATRO EUROS CON VINTENOVE CÉNTIMOS (85.784,29 €).
2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO, prorrogable por mutuo acordo das partes.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Cláusulas Administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu otorgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Así mesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instrucións de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 10 de xaneiro de 2014

A Directora

Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.