O próximo xoves 13 de marzo ás 19:00 terá lugar a inauguración desta nova exposición temporal, que estará aberta dende o 13 de marzo ata o 18 de maio.
Na mostra se recolle unha selección 50 imaxes das 700 fotografías que Nicolás Muller (Oròsháza – Hungría, 1913 – Llanes – Asturias, 2000), un dos documentalistas máis relevantes do século XX, tomou en terras galegas durante as súas viaxes, moitas delas localizadas nas Rías Baixas.
Neste senso, cómpre destacar que esta mostra que se poderá ver no noso museo, e comisariada polo tamén fotógrafo José Ferrero, xorde a raíz da exposición “Nicolás Muller. Vento Norte”, que puido visitarse no Museo Centro Gaiás entre xullo e novembro do 2023. Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segue a apostar polas itinerancias dos seus proxectos expositivos por todo o territorio, como é o caso desta proposta xestada na Cidade da Cultura.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar