RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. EXPEDIENTE: SER/13/26


ASUNTO: SERVIZO DE LIMPEZA DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE

Con data 21 de xaneiro de 2014 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SERVIZO DE LIMPEZA DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE, por procedemento aberto, a favor da empresa LIMPIEZAS CIES S.L., por importe de 65.000,00 euros, IVE excluido.

Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa LIMPIEZAS CIES S.L.  con CIF B-36631935 por importe de SESENTA E CINCO MIL EUROS (65.000,00 euros), que, co IVE correspondente, ascende a un total de SETENTA E OITO MIL SEISCENTOS CINCUENTA EUROS (78.650,00 euros).

2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO, a partires do 1 de febreiro de 2014, prorrogable por mutuo acordo das partes.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescricións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 29 de xaneiro de 2014

A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.