CONCURSO PÚBLICO POLO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE MANTEMENTO DOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA. EXPEDIENTE SER/10/82


Orzamento de licitación: 163.200,00 euros ( IVE excluído)

Como consecuencia dunha consulta dun licitante sobre os custos salariais do persoal descritos no ANEXO I do prego técnico do devandito concurso (RELACIÓN DO PERSOAL DA EMPRESA ACTUALMENTE ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE MANTEMENTO INTEGRAL DOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA, AOS EFECTOS, DE SE-LO CASO, DA SUBROGACIÓN DO PERSOAL), o Órgano de Contratación, logo das oportunas consultas remite a seguinte ACLARACIÓN:

A efectos de preparar a oferta, comunícase a todos os licitantes que a información contida no ANEXO I sobre os custos laborais, refírese aos CUSTOS TOTAIS para a empresa. É dicir, nel inclúense os gastos derivados dos custos de Seguridade Social por parte da Empresa

O que se comunica a todos os efectos.

Vigo, 9 de febreiro de 2011




Museo do Mar de Galicia.