CONCURSO PÚBLICO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA. EXPTE SUM/19/12


CONCURSO PÚBLICO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA NAS INSTALACIÓNS DE MUSEO DO MAR DE GALICIA EXPTE SUM/19/12

Orzamento de licitación: 60.000,00 euros ( IVE excluído)
Valor estimado do contrato: 120.000,00 euros.
As proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 22 de abril de 2019, no Rexistro Xeral da Fundación Museo do Mar de Galicia, sito en Avda. Atlántida 160, 36208 Vigo.
A apertura pública das proposicións económicas terá lugar ás 10:00 horas do día 29 de abril de 2019, na Sala de Xuntas do Museo do Mar de Galicia.
A documentación atópase a disposición dos interesados no perfil do contratante e na Plataforma de Contratación do Estado.

Vigo, 4 de abril de 2019

O Director do Museo do Mar de Galicia
Vicente Caramés Moreira




Museo do Mar de Galicia.