• gl



“Unha aventura no Museo do Mar. O combate do Nautilus e o somerxible de Sanjurjo Badía”. Xogo de participación con miniaturas.

  • Cando: O venres 18, sábado 19 e domingo 20 de outubro 2024.
  • Horario:
  • Venres: de 16:00 a 18:30
  • Sábado e domingo de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30
Entrada gratis ata completar aforo (por orde de chegada).
  • Dirixido a todos os públicos, a partir de 7 anos (menores sempre acompañados/as de adultos)

Xogo de mesa moi especial, con máis de 200 miniaturas e un terreo a escala feito para a ocasión, no que os/as participantes serán protagonistas dunha gran aventura, terán que enfrontarse ao Capitán Nemo quen, co seu submarino Nautilus, pretende capturar os planos do somerxible de Sanjurjo, custodiados no edificio que hoxe ocupa o noso museo.

As persoas que participen na actividade poderán entrar no museo pagando a entrada reducida (3€), simplemente presentando a acreditación que darán na actividade.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar