• gl



Inauguración nova exposición temporal "Mareas" de Manuel Penín.

  • CANDO: Venres 15 novembro 2024.
  • HORARIO: ás 19:00 horas.
  • ONDE: Sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia.

Este venres 15 de novembro inauguramos unha exposición temporal de Manuel Penín, artista afincado en Nigrán dende fai dous anos e que recentemente abriu un obradoiro aquí en Alcabre.
Este artista, coñecido tanto a nivel nacional como internacional, non só desenvolveu proxectos e exposicións na nosa terra, tamén o fixo en lugares como Berlín, Nova York e Cuba.

“Mareas”, definida polo propio artista como “natureza, cor e vida”, consta de 50 obras, a maioría óleos, aínda que tamén algún acrílico, que xiran en torno á temática do azul, o mar e as mareas, pero aínda vai máis alá, pois “nos escenarios de Manuel Penín, sempre ecoa una alegoría, una resonancia cósmica. Paisaxes interiores nos cales as posibles interpretacións se expanden; as mareas tórnanse mareas de consciencia; a luz aspira a ser iluminación ou lucidez; e a práctica da pintura apunta para un exercicio activo de meditación, un camiño de busca espiritual e autocoñecemento”.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar