O fotógrafo Anxo Cabada e o músico Antón Davila presentan este documental no que os seus protagonistas son os illáns, algúns namorados i expertos sobre a illa, e sobre todo Césareo Patiño, o último mariñeiro que nunca abandonou Ons, e hoxe coa última dorna que queda na illa, fai un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron os illáns manter unha economía de subsistencia.
O documental sobre o Ons inmaterial, de 30 minutos, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, da Xunta de Galicia, co Plan de Recuperación e Resilencia e cos Fondos NexGeneration da EU.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar