Vigo volve a celebrar a súa Noite Branca e o noso museo únese á celebración.
Todas as persoas que se acheguen ao museo o sábado 2 de agosto de 20:30 a 00:00 poderán visitalo totalmente gratis, excepto o acuario, que permanecerá pechado por cuestións biolóxicas.
A entrada será sen reserva previa, unicamente terán que pasar pola recepción de museo para poder acceder aos dous edificios principais.
Para máis información no 986 24 77 50 de martes a domingo de 11:00 a 14:00 ou en info.museodomar@xunta.gal
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar