Dentro do Ciclo de Artes Vivas organizado pola Deputación de Pontevedra con motivo da celebración da 32º Bienal de Arte de Pontevedra, chega ao noso museo a performance do artista Marc Vives “SSS” (iniciais de area, mar, sol, sexo e sangría en inglés), consistente nunha serie de exercicios de voz baseados na experiencia de cantar á paisaxe desde o mar e atraer esta cualidade líquida ás estruturas que nos rodean.
Marc Vives Muñoz (1978, Barcelona) canta e nada entre as artes escénicas e as visuais. Traballa coa materialidade da voz na súa potencialidade escultórica co obxectivo de infiltrarse en arquitecturas, paisaxes e outros corpos e reformular unha orde establecida.
Fíxase nas tradicións e nas formas de manifestación colectiva. O seu ámbito de afectación excede a práctica artística e dedícase á pedagoxía, ao comisariado ou á xestión, co cal busca transformar colectivamente o modelo contextual.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar