Anuncio adxudicación definitiva
Con data 18/03/2011 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SERVIZO DE MANTEMENTO DOS EDIFCIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA, por procedemento aberto, a favor da empresa ACEUVE MANTENIMIENTO, S.L. por importe de 153.500,00 euros (IVE excluído)
Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación RESOLVE:
O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Cláusulas Administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.
A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. AsÍ mesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instrucións de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.
Vigo, a 25 de marzo de 2011
O Director
Pablo Carrera López
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto