RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL EXPEDIENTE: SER/11/56 ASUNTO: Servicio de limpeza do Museo do Mar de Galicia e do Centro Arqueolóxico do Areal-Salinae.


Con data 13/1/2012 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SERVIZO DE LIMPEZA DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE, por procedemento aberto, a favor da empresa LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS DE SERVICIOS Y MANTENIMIENTO S.L., con CIF B-36.835.759 por un importe de CENTO CINCUENTA MIL NOVECENTOS NOVE EUROS CON NOVE CENTIMOS (150.909,09 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CENTO SETENTA E OITO MIL SETENTA E DOUS EUROS CON SETENTA E TRES CENTIMOS. (178.072,73 euros), IVE incluído. Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVE:
1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS DE SERVICIOS Y MANTENIMIENTO S.L., con CIF B-36.835.759 por un importe de CENTO CINCUENTA MIL NOVECENTOS NOVE EUROS CON NOVE CENTIMOS (150.909,09 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CENTO SETENTA E OITO MIL SETENTA E DOUS EUROS CON SETENTA E TRES CENTIMOS. (178.072,73 euros), IVE incluído.
2º Establecer como prazo do contrato o de DOUS ANOS.
O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 17 de xaneiro de 2012

A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.