• gl



Inauguración exposición temporal "A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga"

  • CANDO: mércores 5 novembro 2025
  • HORARIO: 19.00
  • ONDE: Sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia

Esta exposición é un achegamento á arte xaponesa a través dos gravados coñecidos co nome de Ukiyo-e, pertencentes á colección de Daniel Buján, unha das coleccións máis importantes de España en gravado xaponés, a cal estará acompañada por unha serie de pezas únicas pertencentes á colección de Pardo-Mitsunaga, entre as que poderán verse unha escultura dun asceta das montañas do S.XIV, un biombo e un escritorio portátil ambos do S.XVII, así como pezas de louza e outros elementos dos S.XVI a XIX.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar