EXPEDIENTE: SUM/17/10. NOTIFICACIÓN RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL


RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL EXPEDIENTE: SUM/17/10

ASUNTO: Subministro de enerxía eléctrica nas instalacións do Museo do Mar de Galicia.

Con data 16 de maio de 2017 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICAS NAS INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA, por procedemento aberto, a favor da empresa ALDRO ENERGÍA Y SOLUCIONES S.L.U. con CIF B-39793294.

Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación,

RESOLVE:

1º. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa ALDRO ENERGÍA Y SOLUCIONES S.L.U. con CIF B-39793294 segundo os seguintes prezos unitarios:

- Período 1: potencia 125Kw
prezo, en céntimos de euros, do Kw: 10,0509
prezo do término de potencia, c€/Kw año 3.913,9427

- Período 2: potencia 125Kw
prezo, en céntimos de euros, do Kw: 8,5286
prezo do término de potencia,c €/Kw año 1.958,6654

- Período 3: potencia 125Kw
prezo, en céntimos de euros, do Kw: 7,9578
prezo do término de potencia, c€/Kw año 1.433,4178

- Período 4: potencia 125Kw
prezo, en céntimos de euros, do Kw: 7,1185
prezo do término de potencia, €/Kw año 1.433,4178

- Período 5: potencia 125Kw
prezo, en céntimos de euros, do Kw: 6,7484
prezo do término de potencia, €/Kw año 1.433,4178

- Período 6: potencia 451Kw
prezo, en céntimos de euros, do Kw: 5,2530
prezo do término de potencia, €/Kw año 654,0177

- Prezo do aluguer do equipo de medida, en euros: 960,00 €.

2º. Establecer como prazo do contrato o de DOCE MESES, a contar dende o 1 de xuño de 2017, con posibilidade de prórroga por outros doce meses mais previo acordo de ambas partes.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Cláusulas Administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Así mesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instrucións de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 24 de maio de 2017

O Director do Museo do Mar

Vicente Caramés Moreira




Museo do Mar de Galicia.