• gl



Galiverso somerxido. Experiencia de realidade virtual no Museo do Mar de Galicia

Estas vacacións de Nadal chega ao Museo do Mar de Galicia esta iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial dun xeito diferente.

Neste caso, empregando unhas lentes de realizade virtual, poderedes subir nun batiscafo e explorar os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi o protagonista. Unha travesía que busca tamén concienciar sobre a importancia histórica, económica e medioambiental dos nosos mares e a necesidade de coidalos.
A sala dispón de 6 cadeiras con cadanseu equipo de realidade virtual e cada sesión ten unha duración aproximada de 25 minutos.

  • Acceso gratuíto.
  • Con RESERVA PREVIA de praza no 652623753 do martes 19 ao sábado 23 de decembro en horario de 11:00 a 13:30 .
  • Máximo 6 personas por reserva.
  • A partir dos 8 anos de idade. Os menores de 12 anos deben estar acompañados/as durante a experiencia dunha persoa adulta responsable.
  • Datas: de 22 de decembro ao 4 de xaneiro.
  • Horarios: de martes a venres de 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 18:00 /sábados e domingos de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 19:00 (o día 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro pechado de tarde, o día 25 decembro, 1 xaneiro pechado todo o día).

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar