RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DO CONCURSO DO SERVIZO DE LIMPEZA. SER/15/32


RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PÚBLICO PARA A “ CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL”. SER/15/32

Con data 12 de xaneiro de 2016 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SERVIZO DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE, por procedemento aberto, a favor da empresa LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS S.L.., por importe de 59.825,00 euros, IVE excluído.

Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instrucións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS S.L. con CIF B-36835759 por importe de 59.825,00 euros, que, co IVE correspondente, ascende a un total de 72.388,25 ( IVE incluído).

2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO, a contar dende o 1 de febreiro de 2016, prorrogable por mutuo acordo das partes.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Cláusulas Administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Así mesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instrucións de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 25 de xaneiro de 2016

O Director do Museo do Mar de Galicia
Vicente Caramés Moreira




Museo do Mar de Galicia.