RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL EXPEDIENTE: SER/12/23 ASUNTO: Gabinete didáctico, de difusión e atención ao público do Museo do Mar de Galicia.


Con data 6/08/12 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o GABINETE DIDÁCTICO, DE DIFUSIÓN E ATENCIÓN AO PUBLICO DO MUSEO DO MAR DE GALICIA, por procedemento aberto, a favor da empresa LUA VERDE S.L., por importe de 80.000,00 euros, IVE excluido.
Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación
RESOLVE:
1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa LUA VERDE S.L. con CIF B-36.503.308 por importe de 80.000,00 euros, que, co IVE correspondente, ascende a un total de 94.400,00 ( IVE incluido).
2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO.
O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 17 de agosto de 2012

A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.