RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DO GABINETE DIDÁCTICO. EXPTE SER/15/20


RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DO GABINETE DIDÁCTICO, DE DIFUSIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE. SER/15/20

O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, de acordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008, vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas, RESOLVEU:

1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa ILUMINART SERVICIOS CULTURAIS S.L.. por importe de OITENTA E TRES MIL EUROS (83.000,00 € ) sen IVE, resultando unha cantidade co IVE de CEN MIL CATROCENTOS TRINTA EUROS (100.430,00 €).

2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato UN ANO, con posibilidade de prórroga por outro ano máis.

3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 12 de xuño de 2015

A Directora

Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.