• gl



Espectáculo poético-musical "Cantigaéverso" de Francisco Castro e Federico Welicki

  • Cando: Domingo 8 de setembro de 2024
  • Hora: 18:30
  • Onde: Museo do Mar de Galicia.
  • Entrada GRATIS ata completar aforo.

Cantigaéverso é un espectáculo poético e musical a cargo do escritor, editor e músico Francisco Castro e do músico e produtor musical, Federico Welicki, no que se repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada.

Trátase dun espectáculo no que os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista, fan unha viaxe completa pola historia das composicións poéticas que versionaron os nosos grandes músicos. Durante a actuación mestúrase a explicación e a música poetizada, aínda que esta é a que domina.

No concerto-recital Castro&Welicki interpretarán arredor de 15 poemas musicados que supoñen unha viaxe poética e musical que arranca dos anos sesenta do século XX. Os temas escollidos supoñen unha viaxe completa pola poesía clásica galega e a música máis popular do noso país.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar