• gl



ACTIVIDADES ESPECIAIS CON MOTIVO DA EXPOSICIÓN TEMPORAL “Raniero Fernández. O Arquivo"

O MÉRCORES 19 de ABRIL no Museo do Mar de Galicia con entrada GRATIS

ACTIVIDADES OFERTADAS:

17:00. VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN TEMPORAL. Se realizarán dúas visitas guiadas simultáneas a cargo dos comisarios da exposición, Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal.

  • Duración 50 minutos
  • Aforo 25 persoas máximo por visita.
  • CON RESERVA PREVIA no 986247750 de martes a sábado de 11:00 a 14:00, departamento de atención ao público.

Tras rematar as visitas terán lugar no auditorio do museo dúas charlas impartidas polos propios comisarios da exposición, as cales serán SEN RESERVA PREVIA.

18:00. CHARLA. “O arquivo fotográfico e a arte”. Sesión impartida por Manuel Sendón.

A fotografía popular e o estilo documental. Desprazamentos ao campo da arte. Estratexias arquivísticas baseadas na fotografía.

19:30. CHARLA. “Visións de Galicia a través da fotografía”. Sesión impartida por Xosé Luís Suárez Canal.

Análise das propostas de diferentes traballos fotográficos que van desde as visións antropolóxicas e etnográficas até os traballos de estilo documental.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar