Grandes cubos iluminados que suxiren contedores de mercadorías portuarias conforman a exposición permanente do segundo edificio, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo do Mar non só é a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.
O Museo do Mar de Galicia, como institución que investiga e divulga, está a traballar en ambiciosos proxectos en colaboración con outros organismos como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
Este mes de maio temos dous días moi especiais no noso museo, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos, os cales impos a celebrar coas seguintes actividades:
Exposición decida polo CEIDA onde se fala sobre as aves mariñas e se busca divulgar e poñer en valor a importancia da súa conservación, así como a súa relación coas actividades pesqueiras. A mostra poderá visitarse totalmente gratis dentro do horario de apertura do museo e irá acompañada dunha charla científica e divulgativa, a cargo de persoal do CEIDA, relacionada co mundo das aves mariñas, da que proximamente indicaremos a data
ENTRADA GRATIS ata completar aforo.
Proposta musical e literaria para o público adulto, onde farán un percorrido musical polas voces femininas da nosa tradición literaria, dende as cantigas medievais ata Begoña Caamaño, a quen este 2026 lle dedica a Real Academia Galega o Día das Letras de noso.
O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de mostrar na súa sala de exposicións temporais este proxecto artístico que explora a migración a través da memoria, os obxectos e os relatos herdados.
Pinturas, fotografías e instalacións que falan de desprazamentos, identidade e da sensación de vivir entre dous lugares.
Que gardamos? Que permanece? Que historias nos acompañan?
Unha viaxe íntima sobre o recordo, a pertenza e a nostalxia.
Do 18 ao 26 de marzo temos unha nova oferta de actividades.
Para consultar as actividades CLICKAR AQUÍ
Para participar deben RESERVAR e PAGAR a ENTRADA do MUSEO.
INFORMACIÓN E RESERVAS: de martes a venres de 10:00 a 14:00 horas
no teléfono 986247750.
As reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo.
Chega o mes de abril e con el unha nova oferta de actividades.
Para consultar as actividades CLICKAR AQUÍ
Para participar deben RESERVAR (as reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo).
INFORMACIÓN E RESERVAS: de martes a sábado de 11:00 a 14:00 horas no 98624770580.
Entrada gratis
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar