Salinae, fotografía de Juanjo Seixas


Entorno Histórico

As páxinas de historia das terras onde hoxe se asenta a cidade de Vigo e a súa bisbarra están escritas dende as primeiras pegadas do home en Galicia.

O século XVIII é o do despegue do tráfico de mercadorías no porto da cidade. En autorizase a Vigo a recibir tráfico de alto bordo incrementándose as relacións mercantís, sobre todo con Inglaterra. A partir de 1750 os barcos británicos que fan a rota de Portugal desvíanse a Vigo para cargar, entre outras cousas, viño e froitas. Once anos máis tarde o porto recibe o permiso para transbordar produtos franceses con destino ás Indias. En 1773 autorízaselle a comerciar coas Antillas, e, en 1794, Carlos IV concédelle a licencia para traficar libremente con América.

Do porto de Vigo saían produtos galegos como o peixe en salgadura, viño, millo, xamóns, froita, liño, calcetas ou encaixes, destinados ao mercado nacional, ao portugués e ás colonias de ultramar principalmente. As importacións eran de viños e augardentes, bacallau noruegués ou de Terranova, trigo de Castela, aceite andaluz, liño do Báltico, e produtos como azucre, tabaco, cacao ou café procedentes das Indias.

O corso olívico, que xa arrancara no século XVII, coñecerá a súa idade dourada no período de 1796-1801. Esta gran actividade económica, iniciada con motivo dos sucesivos conflictos bélicos con Inglaterra, chegou a movilizar o 60% da tonelaxe dos buques matriculados na antiga provincia marítima de Pontevedra, chegando as súas incursións máis aló das costas de Lisboa facendo campañas de tres ou catro meses atacando as rutas de Terranova a Portugal e de Portugal a Inglaterra.

En 1809 Vigo réndese ás tropas de Napoleón sen presentar resistencia. 58 días despois será liberada grazas ao levantamento dirixido polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” coa axuda do Conde de Gondomar. A cidade non volverá a ser ocupada durante todo o conflicto. O 1 de marzo de 1810 a Rexencia concédelle a Vigo o título de Leal Cidade con dereito a voto na Xunta do Reino “en atención a sus señalados servicios, heroica lealtad y esforzado denuedo en defensa de la justa causa de la Independencia Nacional”.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar