Salinae, fotografía de Juanjo Seixas


Entorno Histórico

As páxinas de historia das terras onde hoxe se asenta a cidade de Vigo e a súa bisbarra están escritas dende as primeiras pegadas do home en Galicia.

Entra en funcionamento no 1914 o novo servicio de tranvía da cidade; as primeiras liñas serían VigoBouzas, Pereiró-La Florida, Calvario-Lavadores-Cabral e Teis-Chapela. O consecuente crecemento espectacular da área urbana de Vigo sitúan á cidade á cabeza dos centros económicos e demográficos de Galicia. Aínda que se fai notar na cidade a crise mundial de 1929, aparecen neste momento novas industrias como a do automóbil, as primeiras industrias frigoríficas, a dos estaleiros e a pesca de altura. Tralo paréntese que supuxo a Guerra Civil, o inicio da década dos corenta trae a escaseza de materias primas: carbón, folla de lata e aceite, básicos para a industria conserveira. Sálvase o sector pesqueiro que comeza un proceso de agrupación e modernización, e como consecuencia repunta tamén o dos estaleiros. En 1947 Vigo consegue a terceira Zona Franca de España e nela instálase pronto un das empresas máis dinamizadoras da economía viguesa: Citroën.

A consecuencia de todo isto é o gran crecemento industrial e urbano do Vigo da segunda metade do século XX. Na década dos 70 tense concluída a renovación total da flota pesqueira viguesa co predominio da pesca de altura, orientada á conxelación principalmente, sobre outras modalidades. É nesta época cando a economía viguesa segue os vieiros internacionais coa creación de potentes grupos empresariais do sector pesqueiro. A bonanza económica fai que Vigo experimente un crecemento urbano acelerado, e, en gran parte do seu territorio, desordenado. A grande oferta laboral trouxo a moitos traballadores do rural que se instalaron na cidade nos barrios de Teis, Coia ou o Calvario.

Os derradeiros anos setenta e os anos oitenta son un período de grande axuste económico, a crise do sector naval golpea fortemente a cidade, e carrexa unha reducción de empregos do 50%, e nas empresas auxiliares un 30% co que aumentan os conflictos sociais. Dende finais dos oitenta e ata a actualidade, a economía observa unha gran recuperación, facendo da cidade olívica e da súa bisbarra unha moderna e importante zona industrializada e de servicios.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar