Comercialización

O conxelado

O grande éxito acadado en 1961 na expedicións dos buques vigueses Lemos e Andrade en augas de Arxentina e Sudáfrica na procura de pescada, con forte apoio financeiro do estado, xerou un cambio fundamental na flota galega.

O éxito desta primeira campaña supón una nova revolución tanto a nivel de equipamento técnico como na construcción naval. Nace a nova flota conxeladora; constrúense grandes buques arrastreiros provistos de rampla a popa e grandes bodegas de almacenaxe con capacidade para máis de 2.000 toneladas, e buques-factoría que transforman a bordo o peixe capturado.

A aparición nos anos sesenta do peixe conxelado vai a cambiar toda a cadea de distribución e os hábitos tradicionais de consumo. O primeiro producto a conxelar foi a pescada, pero pronto se diversificaron as capturas aparecendo a lura, o polbo do banco canario-sahariano, ou os lagostinos, carabineiros e gambas do Canal de Mozambique. Xa nos anos setenta, as capturas amplíanse á area de Boston St. Georges Bank e outros caladoiros do atlántico Noroccidental.

A ampliación da oferta e as melloras nos procesos de conxelación e almacenamento, favoreceron a implantación do conxelado como producto do consumo popular. Para manter esta calidade, os productos deben ser conservados a temperaturas inferiores aos -18 oC para non racha-la cadea de frío.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar