Comercialización

A mellora dos portos

A crecente actividade pesqueira da primeira metade do século XX fai que os principais portos de Galicia, A Coruña e Vigo, precisen dunha necesaria mellora e ampliación das súas instalacións. Pero haberá que esperar ata finais da Guerra Civil para ver lograda esta meta. En Vigo xa estaban rematados os catro ancoradoiros do novo porto pesqueiro en 1939, aínda que houbo que esperar unha década para dotalos dos servicios imprescindibles, e dende entón, o Bervés non deterá a súa actividade nin o seu crecemento. E na Coruña non foi ata 1946 cando se aprobaron os orzamentos para a construcción do dique de abrigo, facéndose entón o porto pesqueiro e os servicios de lonxa e empacamento.

Na maqueta que se mostra na exposición vemos esta ampliación do porto Vigués, que cambiou a tradicional fisionomía do porto do Bervés; tamén se pode ver o reloxo e a bancada da sala de poxas do porto.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar