Comercialización

Os traballadores do mar

Provocado polos grandes cambios que experimenta a industria da pesca galega, empezan a diversificarse as labores dos traballadores do mar, aparecendo novas categorías máis especializadas, como os maquinistas ou fogueiros. Ademais, moitos patróns comezaron a quedar en terra, facendo a súa función mariñeiros elixidos por estes entre os de máis experiencia e confianza.

En 1864 desaparecen os Gremios do Mar provocando unha situación de desamparo aos mariñeiros en caso de accidentes ou naufraxios. Esta progresiva industrialización e a aparición dos novos oficios do mar propiciou a aparición de diversas asociacións mariñeiras que consolidan un sindicalismo de clase; paralelamente tamén se organiza a patronal, que crea a súa propia asociación mentres o estado tenta promover as asociacións mixtas coa creación dos Pósitos de Pescadores.

Dende principios do século XX ata a Guerra Civil vívese unha intensa loita de clases no mar; o mariñeiro reclamaba maior descanso semanal, aumento das dotacións dos barcos, a suba dos xornais ou dos quiñóns (pagamento en especia da pesca capturada), etc. A Guerra Civil e a posterior represión franquista acabou co movemento sindical do mar substituíndo os Pósitos polas Cofradías de pescadores.

Nesta sección expóñense interesantes documentos de sindicatos mariñeiros anteriores á Guerra Civil.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar