Conservación

Motivado polo rápido deterioro do peixe e do marisco aparecen, ao longo dos séculos, diferentes técnicas de conservación, permitindo o seu transporte para a venda cada vez máis lonxe do lugar da captura. O polbo, o congro e a pescada secábanse ao sol; as ostras e o ollomol escabechábanse; e a sardiña, o peixe estrela galego, salgábase.

A conserva

Os descubrimentos de Apper, conservación de alimentos en recipientes herméticos e sometidos ao calor, e Pasteur, co seu principio de esterilización de alimentos, fan que no ano 1852 se crease en Francia a primeira fábrica de latas de conserva. Dez anos despois aparecen as primeiras en Galicia.

A falla de sardiña enlatada en Francia aproveitase en Vigo para crear esta industria con tecnoloxía francesa e unha producción orientada á exportación. Dende entón e ata a actualidade, o sector conserveiro, que será o primeiro sector industrial moderno e fabril de Galicia, creceu e transformouse, e hoxe é un dos máis importantes do mundo. En 1903 créase a Unión de Fabricantes de Conservas de Vigo, e en 1912 a de Traballadores. O desenvolvemento da industria conserveira e o seu proceso modernizador produciu un forte aumento da demanda de sardiña, difundíndose a partir do 1897 unha nova arte de pesca, o cerco de xareta, e o uso dunha nova embarcación, a traiñeira. Cando se introduce o vapor, adóptanse uns cercos de maior tamaño denominados tarrafas.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar