Fotografía de Willy Sifones

Fotografía de Willy Sifones


As Illas de San Simón e San Antonio

No fondo da ría de Vigo, pasado o estreito de Rande, atópanse as illas de San Simón e San Antonio.

O lazareto tivo un gran impacto sobre a economía da entón pequena cidade de Vigo (7.000 habitantes nese momento): talleres, carpinterías, fraguas, repostos, fondas e tabernas foron os seus grandes beneficiarios, convertendo á cidade no principal porto da costa atlántica española.

No ano 1898 gran parte dos milleiros de soldados enfermos, feridos e mutilados procedentes da Guerra de Cuba son internados no lazareto de San Simón. Ata a súa clausura como centro hospitalario, no ano 1927, o lazareto seguiu funcionando como centro de tratamento e prevención de enfermidades epidémicas.

Entre os anos 1939 ao 1944 a Illa vive a súa etapa máis negra ao ser convertida polo réxime franquista en campo de concentración de prisioneiros de guerra. Os presos estaban distribuídos en distintos pavillóns na illa de San Simón, e reservábase a de San Antonio para albergar o destacamento militar encargado de custodiar o recinto. A gran masificación fixo que pronto apareceran problemas sanitarios e que as condicións de vida dos presos foran extremadamente duras.

En 1948 as illas pasan a ser lugar de veraneo para os membros da Garda de Franco. Sen embargo, a causa dun accidente marítimo no ano 1950 no que morren 43 deses membros fai que as illas sean abandoanadas unha vez máis, sendo utilizadasas súas instalacións entre 1955 e 1963 polo Fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros.

En 1999 son declaradas Ben de Interese Cultural coa categoría de Sitio Histórico. A partir de 1998 inícianse as obras de rehabilitación do conxunto cun proxecto do arquitecto César Portela, para poñer en valor e recuperar as illas para usos culturais, dando por finalizado o longo período de abandono dun dos enclaves con máis historia e máis significativos da ría de Vigo e de Galicia.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar