Resolución de elevación a definitiva da adxudicación provisional. Expte SER/10/0037


EXPEDIENTE: SER/10/0037
ASUNTO: Contratación do gabinete de difusión e atención ao público do Museo do Mar de Galicia.

Con data 2 de xullo de 2010 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o gabinete de difusión e atención ao público do Museo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa VAN DIVULGACION CULTURAL S.L., por importe de 592.000,00 euros, mais IVE.

Dende a publicación o día 2 de xullo no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa VAN DIVULGACION CULTURAL S.L., con CIF B-36917201 por importe de QUINIENTOS NOVENTA E DOUS MIL EUROS (592.000,00 euros) que, co IVE correspondente, ascende a un total de SEISCENTOS NOVENTA E OITO MIL CINCOCENTOS SESENTA EUROS ( 698.560,00) IVE incluido.
  2. Establecer como prazo do contrato o de DOUS ANOS.
    O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 15 de xullo de 2010

O Director
Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.