Concerto final de xira POPartesanal de Fon Román

POPartesanal é unha viaxe de volta, unha xira intimista, unha mirada á delicadeza e á beleza das cousas feitas coas mans. Tamén é un novo camiño no que se conxugará música e artesanía, e no que se porán as bases do que será o seu próximo disco.

Tras o lanzamento do seu segundo disco entretelas, Fon Román embárcase agora nunha xira de 8 concertos en lugares inusuais, comezando cunha presentación no Teatro Lara de Madrid, e percorrendo a continuación o norte da península desde Barcelona a Vigo pasando por sete espazos de marcada personalidade, talleres de artesáns, unha adega rioxana, un taller de restauración e un fin de xira nun museo ao bordo do mar.
A xira irá acompañada pola obra escultórica creada en Barcelona polo colectivo The Own para dar imaxe ao disco e que servirá de pano de fondo en cada un dos concertos.

Esta peza foi deseñada en base ao carácter artesanal da obra de Fon a base de fíos negros sobre un lenzo branco entrelazados mediante cravos que definen o corpo das letras que conforman o nome do álbum, entretelas.

O froito de todo este percorrido recollerase nun documental no que se mostrarán as vivencias da banda, a interacción cos demais artistas e artesáns invitados, á vez que se mostrará o carácter e inquedanzas do músico.

Yo entiendo mi proyecto en solitario como una obra colectiva, no como canciones ni discos separados entre sí. Dentro de esa obra los dos primeros, Silencio cómodo en un jardín descuidado y Entretelas, forman un díptico de canciones de dentro hacia fuera, letras personales pero a la vez muy universales, con las que cualquiera puede sentirse identificado.

POPartesanal será la transición del primer díptico al segundo, canciones de fuera hacia dentro, en las que el proceso de composición de mis próximos dos discos se invertirá y será el exterior y vosotros, los que me nutráis de frases, palabras, sensaciones, experiencias. Por eso se abre este espacio para que tus ideas, sugerencias, sentimientos, tus retales puedan formar parte de mis nuevos temas musicales.
Ya os seguiré contando como vamos a hacerlo……

Fon Román

A xira POPartesanal conta co apoio de dous medios de comunicación fundamentais:
Radio 3 que colaborará facendo un seguimento diario da xira a través do programa Na Nube de luns-xoves de 22-24:00h, subindo contido audio e vídeo da xira e conectando con Fon Román.
E SOL Música que estreou, en exclusiva, o novo vídeo de Fon Román o mércores, 16 de maio e colaborará na comunicación da xira.
Estrela Galicia incorpórase a este proxecto nunha aposta importante por POPartesanal aumentando o seu patrocinio. O proxecto estréase e presenta nun espazo Estrela Galicia, o Teatro Lara de Madrid, e ademais de colaborar na comunicación de toda a xira tanto de forma online como offline – todos os concertos terán difusión dentro da axenda musical SON Estrela Galicia, cedeu a Cervecería Estrela Galicia Catro Camiños, A Coruña para a realización do concerto nesta cidade.
Más información en:

www.fonroman.com
facebook
twitter


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar