Chegada dun novo inquilino ao acuario do Museo

A chegada dunha quenlla ao Museo do Mar de Galicia ten revolucionado ao resto dos inquilinos deste acuario tan representativo do ecosistema das nosas rías. Trátase dunha Musola pintada, Mustelus arterias, (imaxes 1 a 3) especie de carácter pacífico, ovovivípara e que se alimenta principalmente de crustáceos, pode chegar ata os 2,5metros de lonxitude. Esta, non acaparará toda a atención do público, xa que este mes chegaron ademais dous peixes Porco e tres peixes Ichavo.

O peixe porco, Balistes capriscus, (imaxe 8) normalmente solitario ou en pequenos grupos, este peixe se alimenta de pequenos invertebrados bentónicos como moluscos e crustáceos. Este peixe ovíparo, é dunha excelente calidade se o consumimos fresco.

Ichavo, Capros aper, (imaxes 4 a 7) peixe gragario que forma bancos. Normalmente atópase sobre as rochas ou os corais, aínda que tamén viaxa sobre os fondos areosos. Aliméntanse de crustáceos ou poliquetos. Os machos son máis pequenos que as femias.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar