• gl



Exposición temporal. MUSEO (DO ERMITÁN) MAN.

CANDO: Do 1 de outubro ao 10 de xaneiro 2021
ONDE: Na sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia
HORARIO: No horario de apertura habitual do museo
Entrada de balde

Esta exposición vainos achegar á vida e obra de Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936-Camariñas, 2002) máis coñecido como Man de Camelle, un home considerado por moitas persoas coma un simple ermitán extravagante, pero que en realidade foi un gran artista, que dedicou a súa vida á creación do seu propio museo, un museo en constante evolución, formado por esculturas e obxectos artísticos que creaba empregando os elementos naturais e restos que o mar lle aportaba na contorna do seu xardín.

Nesta mostra poderán entrar no universo de Man, coñecer algunhas das pezas que conformaban o seu museo, os seus cadernos e fotografías, obxectos persoais, incluso un documental inédito gravado en 1981 en Camelle por Joan Mallarach que rescata o testemuño do artista sobre o seu propio proxecto.

E como colofón final todas as persoas asistentes terán a posibilidade de entrar nunha réplica a escala da singular morada de Man de Camelle.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar