• gl



A exposición “Sopros de Nadal”

A exposición “Sopros de Nadal” presentouse por primeira vez no Nadal do pasado ano no Museo de Pontevedra. Integrada por adobíos de cristal para árbore de Nadal, soprados e pintados de xeito artesanal, chega agora ó Museo do Mar de Galicia.
Mantén o espírito da edición pasada pero incluíndo novas pezas que non puideron contemplarse naquela ocasión. Iso non só obedece a que a colección privada á que pertencen está viva e en crecemento, senón tamén á temática específica á que está vinculado este museo vigués.
Un percorrido pola exposición permitiranos coñecer cómo naceu e evolucionou desde o s. XIX esta arte vidreira, descubrindo ademais, a través de pezas creadas nos mellores obradoiros que existen na actualidade, lendas e historias que nos falan dos protagonistas e das tradicións do Nadal.
A exposición estará aberta dende o xoves 11 de decembro ao domingo 11 de xaneiro en horario de apertura ao público do museo.
O catálogo regalarase coa visita, se bien pódese descargar aquí


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar