• gl



OFERTA DIDÁCTICA PARA SALINAE PARA O CURSO 2012-2013

A oferta de actividades didácticas para o Centro Arqueolóxico Areal Salinae presenta novidades interesantes para este curso 2011-2012, as cales pretenden, igual que no Museo do Mar , proporcionar aos seus participantes unha experiencia didáctica única e totalmente vivencial.

“Escavando en Salinae”. Os participantes neste obradoiro converteranse en verdadeiros arqueólogos por un día; en primeiro lugar farán unha pequena vista á Salina para coñecer o espazo que están a visitar, a que se dedicaba e quenes eran as persoas que alí traballaban. Unha vez terminada a visita pasarán a realizar unha simulación dunha escavación arqueolóxica con todo o que ela implica, para así comprender as técnicas de investigación do pasado e o significado do que na escavación atopen.
E por último aproveitando o entorno da salina, realizarán unha experiencia que lles permitirá coñecer os métodos de conservación de los alimentos que se usaban na antigüidade

CURSOS: de 2º ciclo de primaria a bacharelato
DURACIÓN: 90 – 120 min. aprox.
Nº DE PARTICIPANTES: 25 máximo
DATAS DE REALIZACIÓN: de outubro a xullo.

“Descubrindo os segredos do pasado”. Os participantes comezarán realizando unha viaxe no tempo que lles levará á época romana, onde coñecerán de primeira man os segredos da salina e as persoas que nela traballaban, para posteriormente converterse en pequenos arqueólogos, que realizarán unha escavación na que descubrirán algúns segredos enterrados, e por último aproveitando o ámbito da salina, realizarán unha pequena experiencia que lles permitirá coñecer os métodos de conservación dos alimentos que se usaban na antigüedade.

CURSOS: de 2º ciclo de infantil a 1º ciclo de primaria
DURACIÓN: 60– 90 min. aprox.
Nº DE PARTICIPANTES: 25 máximo
DATAS DE REALIZACIÓN: de xaneiro a xullo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar