Oferta pedagóxica Salinae Curso 2011-2012
Nosa nova oferta pedagóxica para o curso 2011-2012. Descargar PDF
Obradoiro para 1ºciclo de primaria
- A dieta dos romanos: neste obradoiro falaremos das comidas dos romanos, coma se dividían as comidas e o tipo de alimentación e tamén se realizará unha pirámide alimenticia onde se verá os diferentes tipos de alimentos e a cantidade que deberíamos comer para ter unha dieta equilibrada.
- Os mosaicos: aquí aprenderemos qué é un mosaico, de qué se compón , como se fai e a súa importancia dentro da decoración das vivendas romanas.
Obradoiro para 2º e 3º de primaria
- A construcción romana: neste obradoiro afondaremos na forma de construcción dos romanos e as diferencias coas construccións castrexas así coma nos diferentes avances técnicos coma poden se-las calefaccións.
- Orixe Vigo destino Roma: eiquí trataremos da importancia do comercio marítimo e faremos un xogo no que os rapaces teñen que sair de Vigo e chegar a Roma parado nos diferentes portos e aprovisionarse de diferentes productos e comerciar coas outras embarcacións.