Coa chegada do novo curso 2011-2012, presentamos a nova oferta pedagóxica chea de novidades. Descargar PDF
Visita xeral grupos de 50 alumnos (1.30 h)
Destinada a todos os grupos escolares e recomendada a aqueles grupos que visiten por primeira vez o Museo.
Vertébrase a partir de dous eixos principais: A PESCA EN GALICIA (Historia, embarcacións, aparellos, industria…) e a OCEANOGRAFÍA (estudo dos fondos oceánicos, os movementos mariños, a vida no mar…)
Co fin de complementar estas visitas, tedes á vosa disposición as unidades didácticas para todos os ciclos que poderedes descargar na nosa páxina web.
Visita temática (visita + obradoiro) grupos de 50 alumnos (1.30 h)
Para aqueles grupos que xa coñecen o museo e están interesados nunha temática específica. A oferta é a seguinte:
Un mar de sentidos
- A través de diferentes experiencias sensoriais os rapaces irán explorando elementos que podemos atopar no medio mariño. O gusto, a salinidade; o ouvido, os sons da costa; a vista, a forma dos peixes…
- Destinada a: Educación especial, Educación Infantil, 1º ciclo de primaria
Mergúllate nas Rías (Visita ao Acuario)
- Coñecer o noso entorno é o principio para valoralo e respetalo. Con esta actividade os alumnos coñecerán as diferentes especies e os habitats que conforman as nosas rías.
- Destinada a: 1º e 2º ciclo de primaria
Navegando polo Museo
- A importancia da navegación como medio de transporte, fixo que o longo do tempo as embarcacións variasen a súa forma dependendo do uso que se facía delas. Coñecer diferentes embarcacións, as súas partes… é o obxectivo primordial desta visita.
- Destinada a: 2º e 3º ciclo de primaria
Pescando nos Océanos (Artes de pesca) NOVIDADE!!
- Redes, nasas anzois… aparellos e artes de pesca que falan dos cambios na maneira de pescar, e da historia da nosa industria pesqueira.
- Destinada a: 2º e 3º ciclo de primaria; 1º ciclo da ESO
Cultivando o mar (Acuicultura)
- A sobrepesca está dando paso pouco a pouco a unha cada vez máis importante industria do cultivo mariño. Con esta experiencia coñeceremos cales son as especies máis importantes cultivadas en Galicia, e faremos un análise para o control da calidade das augas.
- Destinada a: ESO e BACHARELATO
Os antigos poboadores do noso litoral NOVIDADE!!
- O castro do Museo será o elemento entorno ao que xire esta visita. Analizando a súa situación na costa e a de outros xacementos próximos, poderemos explicar moitas características do modo de vida dos antigos poboadores do noso litoral.
- Destinada a: 3º ciclo de primaria; 1º ciclo da ESO
Orientación no mar NOVIDADE!!
- Gracias a observación dos astros e a comprensión dos seus movementos, os antigos navegantes puideron comezar a cruzar mares e océanos perdendo de vista as referencias da costa. Con esta visita queremos introducir aos alumnos na navegación astronómica, que coñezan diferentes instrumentos empregados ao longo da historia, o astrolabio, o sextante… e ademais que participen nunha experiencia para situarse cunha brúxula.
- Destinada a: 2º ciclo da ESO e BACHARELATO
Visita a Pacheco
Visita máis obradoiro á exposición temporal “Cartas de punto maior “(A costa galega a través do Arquivo Pacheco)
Durante esta visita poderemos analizar a transformación da costa por mor da industrialización da pesca en Galicia.
Ata o 9 de outubro de 2011. Ofértase a grupos dende Ed. Infantil ata Bacharelato.
Obradoiros científicos
Estes obradoiros realizaranse en datas especiais das que se irá informando ao longo do ano.