XOGAMOS CO MAR… AVEC LA MER, WITH THE SEA
Dende o Museo do Mar de Galicia e Salinae queremos darlle a benvida ao verán con novos obradoiros durante os meses de xullo e agosto. Como o mar une Galicia con outros países, este ano queremos que todos os nenos e nenas se acheguen a outras culturas a través das súas linguas. Para isto propoñemos unha actividade de verán na que estarán moi presentes, a través do xogo, as linguas inglesa e francesa.
Durante 4 semanas desenvolveranse obradoiros diferentes que se repetirán en xullo e agosto organizados por franxas de idade que irán desde os 5 aos 14 anos. Os obradoiros comezarán o día 5 de xullo e rematarán o 26 de agosto.
O horario de actividade será de 10.00h a 14.00h. Neste espazo temporal compaxinarase a oferta pedagóxica (os obradoiros científicos e artísticos) coa lúdica (os xogos cooperativos e as visitas á praia). Nos obradoiros o uso dos idiomas será por inmersión, de xeito que se incorporen na práctica diaria dos participantes.
Como novidade, a oferta deste ano inclúe a posibilidade de solicitar o servizo Madruga, con horario de 8:00 h. a 10:00 h. (inclúe o almorzo) e de 14:00 h. a 15:00h (servizo friameira). As persoas que soliciten deixar aos rapaces a última hora da mañá poden mandarlles a friameira coa comida para que coman no Museo ou en Salinae.
MUSEO DO MAR DE GALICIA
SEMANA 1. “PIRATAS, MONSTROS MARIÑOS E SEREAS”
Obradoiro coa literatura como fío condutor.
SEMANA 2. “PROA AO MUSEO”
Obradoiro de embarcacións.
SEMANA 3. “EXPLORA NO MEDIO MARIÑO”
Obradoiro de biodiversidade e ecosistemas costeiros.
SEMANA 4. “REDES, NASAS E ANZOIS”
Obradoiro sobre artes e aparellos de pesca.
Recoméndase levar traxe de baño, gorro, protector solar e a merenda para media mañá.
SALINAE
No centro arqueolóxico Salinae, realizarase o obradoiro “Modus vivendi” destinado a nenos e nenas que se dividirán de 5 a 7 anos e de 8 a 10 anos.
“MODUS VIVENDI”
As actividades deste obradoiro están ideadas para familiarizar aos nenos e nenas coa antigüidade dun xeito lúdico a través de visitas a xacementos, xogos romanos, prácticas de escavacións, arqueoloxía experimental e artesanía.
INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS
Haberá dúas posibilidades para solicitar unha praza; cubrindo o formulario de inscrición da páxina web do museo museodomar.xunta.gal ou contactando directamente co Departamento de Educación chamando ao teléfono 986247691 en horario de 11.00h a 14.00h de luns a venres.
TARIFAS DA ACTIVIDADE
A- Obradoiro con servizo Madruga (horario de 8h a 15h (inclúe almorzo) ): 25€/semana (Tarifa socios de A Babor Club) e 40€/semana (tarifa non socios)
B- Obradoiro (horario de 10h a 14h): 15€/semana (Tarifa socios de A Babor Club) e 25€/semana (tarifa non socios)
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
MdoM
“Tesouros, piratas e sereas”; semanas do 5-8 xullo e do 2-5 agosto
“Proa ao Museo”; semanas do 12-15 xullo e do 9-12 agosto
“Explora no medio mariño” semanas do 19-22 xullo e do 17-19 agosto
“Redes , nasas e anzois” semanas do 26-29 xullo e do 23-26 agosto
Salinae
“Modus vivendi” Xullo e agosto
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar