O sábado 8 de outubro ás 18:00h teremos connosco a Magín Blanco e Pablo Vidal co seu obradoiro-musical infantil e familiar: “Caderno de cores e cancións”
Entrada gratis ata completar aforo por orde de chegada.
Este espectáculo propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións.
Partindo do legado dos trobadores e trobadoras se repasan diferentes cancións en lingua galega e se xoga co público para que entre todos e todas creen unha nova peza.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar