No Museo do Mar de Galicia estamos de 20 aniversario este 26 de xullo e con ese motivo, e grazas á colaboración da Xunta de Galicia, os populares Bolechas de Pepe Carreiro fixeron unha guía moi especial sobre o noso museo e veñen en persoa para presentala.
Estamos emocionados/as e queremos celebralo por todo o alto, así que as familias que veñan á presentación poderán saudar aos Bolechas en persoa e levar para casa un exemplar da guía totalmente gratis.
Ademais, aquelas familias que non consigan praza para a presentación, poderán saudar igualmente aos Bolechas, pois unha vez rematado o acto sairán a saudar a todas as familias que se acheguen ao museo.
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder á presentación)
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo (martes a domingo 11:00 a 14:00 e 16:30 a 20:30)
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar