A mostra componse dunha selección de 120 fotografías do século XIX ao XXI que percorren o camiño de Porto a Santiago de Compostela, pasando pola cidade de Vigo, da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica.
Ademais as imaxes técense con referencias literarias de autoras/es de outrora e figuras relevantes das letras galegas do noso presente que retrataron con palabras ese mesmo camiño e as xentes que o percorreron e o transitan.
Esta exposición chega ao Museo do Mar de Galicia despois de verse no Museo Centro Gaiás da @cidadedacultura (Santiago de Compostela) onde conseguiu un gran éxito de visitantes.
Poderá visitarse totalmente de balde do 20 de maio ao 4 de setembro 2022 no horario de apertura do museo
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar