As actividades que terán lugar no noso museo con motivo da presentación do proxecto expositivo “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” (Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22) na cidade de Vigo, serán as seguintes:
A presentación estará moderada polo comisario do proxecto Nicolás Combarro, nela
as autoras falarán das súas traxectorias profesionais e farán unha presentación específica do seu traballo para o proxecto “Percorrer o tempo”, na que ambas artistas realizan unha interpretación do Camiño de Santiago desde diferentes perspectivas: físicas, sociais e emocionais.
Conferencia será gratis e está aberta ao público ata completar aforo
Será preciso confirmar asistencia no teléfono 986247750 (de martes a sábado de 11:00 a 14:00) ou no correo electrónico info.museodomar@xunta.gal
Obradoiro de fotografía dirixido a fotógrafos e fotógrafas, así como outras persoas interesadas na práctica artística ou fotográfica contemporánea.
As artistas que imparten o obradoiro achegarán aos/ás participantes a súa metodoloxía de traballo, a súa traxectoria e traballarán co material dos/as participantes que queiran compartilo.
Actividade será gratis, cun aforo máximo de 10 persoas e é preciso RESERVA PREVIA a través do teléfono 986247750 (de martes a sábado de 11:00 a 14:00) ou do correo electrónico info.museodomar@xunta.gal facendo constar os seguintes datos:
Poderán remitirse solicitudes ata o próximo día 17 de marzo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar