CANDO: 22 novembro 2020
HORA: 12 h
ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo
DIRIXIDO A: Familias con nenos/as a partir de 3 anos
AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA
ENTRADAS:
RESERVAS
Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:
Magín Blanco, o coñecido cantante de música infantil que xa participou con éxito con espectácilos coma “A Meniña e o grilo”, “A meniña e ou grilo nun barquiño” ou “A meniña e ou grilo máis aló”, volve cun percorrido musical e lúdico para nenos e nenas a partir dos 3 anos centrado nas súas últimas cancións.
Ao longo do concerto, das maletas do músico irán xurdindo obxectos (monicreques, bonecos, ferramentas, instrumentos de percusión…) que introducirán cada peza e convidarán a nenos e nenas a participar.
Desde as cancións “O meu país” ou “Aquí estamos”, onde se presenta a realidade como parte dun conto, ata “O hipnotizador” ou “Os esqueletos”, máis oníricas e circenses, vanse sucedendo escenas que convidan a percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar