• gl



PROGRAMA EDUCATIVO 2018/2019 PARA O MUSEO DO MAR DE GALICIA E O CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL "SALINAE"

Dende o Museo do Mar de Galicia presentamos o noso programa educativo para o curso 2018/2019 con moitas novidades para todos os cursos, un programa se cabe aínda máis ambicioso que o do curso pasado.

Dende o Museo do Mar de Galicia presentamos o noso programa educativo para o curso 2018/2019 con moitas novidades para todos os cursos, un programa se cabe aínda máis ambicioso que o do curso pasado.

As nosas actividades escolares están dirixidas para escolares dende 2º CICLO DE PRIMARIA ATA BACHARELATO, temos actividades adaptadas a cada nivel educativo soamente teñen que consultar o noso dossier e ver que actividades son as máis axeitadas para o seu alumnado.

Para ver o DOSSIER e consultar todas as actividades con detalle, poden clikar AQUÍ

Os horarios de inicio de actividade e características a destacar son os seguintes:

MUSEO DO MAR:

  • HORARIO. De martes a venres a partir das 10h.
  • PARTICIPANTES. Máximo óptimo de participantes á mesma hora é de 50, que se dividen en 2 grupos de 25.
  • TARIFAS. GRATIS, o único que necesitamos son os datos do centro escolar.

SALINAE:

  • HORARIO. De martes a venres a partir das 11 h.
  • PARTICIPANTES. Máximo de participantes á mesma hora é de 30.
  • TARIFAS. GRATIS

Para calquera dúbida pode chamarnos ao 986247750 de martes a venres de 10:00 a 14:00 e sábados de 11:00 a 14:00 ou enviar un mail a info.museodomar@xunta.es


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar