Cando: do 14 de abril ao 17 de xuño
Horario: de martes a venres de 10 a 14 e de 17 a 19 e sábados, domingos e festivos de 11 a 14h e de 17 a 20h
Lugar: Sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia
ENTRADA DE BALDE
O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de acoller na súa sala de exposicións temporais a XI MOSTRA DE MODELISMO NAVAL, unha mostra na que todas as persoas que se acheguen poderán ver auténticas xoias do modelismo naval realizadas polos membros da asociación galega de modelistas navais de Galicia (AMONAGA).
Esta mostra realízase in memoriam de Luís Miguel López Conde, presidente da asociación tristemente falecido no ano 2017.
Entre as pezas expostas poderán ver, ademais de embarcacións tradicionais galegas, submarinos, galeóns, fragatas, etc., outras pezas pertencentes ao mundo da literatura e o cine, como son unha maqueta do Nautilus de Xulio Verne, o famoso barco pirata A Perla Negra ou o pequeno vapor Raíña de África, no que viaxaron Humphrey Bogart e Katharine Herpburn na película que leva ese mesmo nome.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar